Agenda en Corcubiom

Estes son os actos que se van celebrar nas próximas semanas no Concelho de Corcubiom:


08/11/10 ao 08/11/10 Curso de Manipulador de Alimentos
Curso de Manipulador de Alimentos que terá lugar o día 8 de novembro de 16:30 a 20:30 h. no Cárcere Vello de Corcubión.


01/09/10 ao 17/11/10 Curso de Atención de Enfermos de Alzheimer
Curso de Atención de Enfermos de Alzheimer que terá lugar, do 01/09/10 ao 17/11/10, na Casa da Cultura de Corcubión en horario de 9 a 14 h.


28/08/10 ao 28/08/10 Noites de Cine
Dentro da programación do ciclo Noites de Cine, patrocinado pola Deputación da Coruña, o Concello de Corcubión proxectará o filme EL NIÑO CON EL PIJAMA DE RAYAS que terá lugar no Campo do Rollo ás 22:00h.


27/08/10 ao 27/08/10 Festa da Praia
Festa da Praia que terá lugar en Quenxe á partir das 16:00 h. Actividades para nenos, torneo de Fútbol Praia,Títeres, e concertos de Mr. Cool, The Little Seaside Trio, Xulián Freire & the Blues Banners, Bakin Blues e Dj "No poseo Segundo". Haberá tamén bocatas de carne á grella e choripán quente.


21/08/10 ao 21/08/10 Noites de Cine
Dentro da programación do ciclo Noites de Cine, patrocinado pola Deputación da Coruña, o Concello de Corcubión proxectará o filme PEREZ, O RATIÑO DOS TEUS SOÑOS II que terá lugar no Campo do Rollo ás 22:00h.


18/08/10 ao 31/08/10 Exposición fotográfica
Exposición fotográfica de Luís Lama "PAISAXES DA TERRA". Sala de exposicións da Casa da Cultura de Corcubión.


04/08/10 ao 25/08/10 Exposición fotográfica
Exposición fotográfica sobre os camiños de Santiago.Sala de exposicións da Casa da Cultura de Corcubión.


26/06/10 ao 26/06/10 TEATRO na Casa da Cultura de Corcubión
Escola Municipal de Teatro de Corcubión (Grupo Infantil) Representación da obra A Verdadeira Historia de Carapuchiña Vermella. Con: José Carlos Rey, Abraham Trillo, María Caamaño, María Pais, Alex Díaz, Ramón Rojo e Xurxo Caamaño. Dirixe: Toño Casais. Tamén actuará Marta Ríos, de Talía Teatro, cunha sesión de contacontos para nenos e nenas titulada MUNDOS CONTADOS. Hora: 20:00 h.


30/04/10 ao 08/05/10 Curso de formación: "MONITORES DE TEATRO"
Inscricións e información na Casa do Concello (Tfono: 981745400)


19/04/10 ao 30/04/10 NOTA INFORMATIVA SERVIZOS SOCIAIS
NOTA INFORMATIVA Francisco Javier Lema Fuentes, Alcalde Presidente do Concello de Corcubión (A Coruña), INFORMA Que dende o Concellería de Servizos Sociais do Concello de Corcubión e subvencionado pola Deputación Provincial de A Coruña, realizarase durante os vindeiros meses, un censo da poboación con discapacidade. Preténdense con esta censo elaborar unha base de datos que recolla as circunstancias, demandas e necesidades daqueles veciños/as con algunha discapacidade ou limitación para desenvolver programas de actuación que mellore a súa calidade de vida, favorecendo a súa participación e inclusión na vida familiar, laboral e comunitaria. Para realizar dito censo, o Concello contratou a empresa de estudios sociais EDESGA, que remitirá un cuestionario a todas as vivendas do Concello, para que si procede, sexan cumprimentadas. Esta Alcaldía, quere destacar a importancia da elaboración deste censo, e convídase as/os veciñas/os a colaborar, indicando que se pon a disposición das/dos interesadas/os, o persoal do Servizos Sociais, para calquera información ao respecto, ou para axudar a cubrir dito cuestionario. Corcubión o 16 de abril de 2010 O Alcalde


18/03/10 ao 20/04/10 INFORMACIÓN
O 12 de marzo de 2010 publicouse no DOG a Orde do 5 de marzo de 2010 pola que se estabelecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a modernización de comercios situados en zonas rurais (Plan RE-comercia). De estar interesado, pode solicitar información na Casa do Concello onde se lle facilitará información sobre todo o relativo á solicitude, que deberá ser tramitada antes do 20 de abril de 2010, día en que finaliza o prazo.