Eduardo Eiroa , xornalista viciño de Corcubión, escribe na Voz sobre a nova lonxa de Fisterra, un “espacio para peces y turistas”.

A lonxa ábrirase ao público para que poidamos desfrutar do espectáculo das poxas de peixe nun edificio deseñado para acomodar a pescadores e visitantes.

A gastronomía é un dos pés onde se asenta unha boa oferta turística e temos que entendela como algo máis que enchentas de peixe e marisco a baixo prezo e que é preciso complementala con outras actividades.

O viaxeiro gastrónomo non só quere restaurantes de tres estrelas michelín: tamén busca experiencias que o leven a un contacto máis directo coa mercadoría, quere coñecer aquilo que minutos ou horas máis tarde vai acabar no seu prato. Eis o atractivo do Mercado da Boquería, a lonxa de Tokio ou a nosa máis humilde, pero imprescindíbel, Praza de Abastos compostelana (web en remodelación).

Abrindo a lonxa ao público ampliamos a nosa oferta de turísmo gastronóico, un dos valores da bisbarra; ademáis, evitaremos sucesos desagradabeis como o que lle aconteceu a Sao Mai na súa frustrada visita a lonxa coruñesa.