O Concello de Corcubión, en Úsalo
Posted by Galinus on 27 Jun 2006 at 04:41 pm | Tagged as: Blogomillo
Tras a presentación oficial da páxina, Úsalo foi un dos primeiros en falar dela.
Para quen non o saiba, Úsalo é unha das bitácoras máis populares en castelán sobre usabilidade e accesibilidade, o que nos fixo especial ilusión.
No artigo hai unha parte moi bonita:
Además, la visita por la web me ha hecho recordar mi anterior estancia por aquellas tierras y me han dado ganas de volver cuanto antes.
Nós, pola nosa parte, estaremos encantados se se produce esa nova visita. Prometemos unha boa caldeirada de maragota!