Julho 2006

Monthly Archive

Leilía en Dumbría

Posted by Dani on 29 Jul 2006 | Tagged as: Costa da Morte, Festas, Dumbría, Música

Leilía

Chega o mes de agosto, e a Costa da Morte (como toda Galiza) arrecende a troula e romería. Desgracidamente, un non ten tempo para disfrutar de todas esas festas, e se ten que quedar con algunhas ocasións que considero excepcionais.

Na pequena parroquia de Berdeogas, na súa máxica carballeira, celébrase mañá domingo (29 de xullo) a chamada Festa da Familia, organizado polo Concello de Dumbría.

Dentro da festa haberá un magnífico concerto de Leilía.

Haberá que ver se se cumplen as expectativas e a combinación entre o lugar e a música é tan armoniosa como promete.

A lonxa de Fisterra

Posted by Lobeiro on 09 Jul 2006 | Tagged as: Gastronomía, Turismo

Eduardo Eiroa , xornalista viciño de Corcubión, escribe na Voz sobre a nova lonxa de Fisterra, un “espacio para peces y turistas”.

A lonxa ábrirase ao público para que poidamos desfrutar do espectáculo das poxas de peixe nun edificio deseñado para acomodar a pescadores e visitantes.

A gastronomía é un dos pés onde se asenta unha boa oferta turística e temos que entendela como algo máis que enchentas de peixe e marisco a baixo prezo e que é preciso complementala con outras actividades.

O viaxeiro gastrónomo non só quere restaurantes de tres estrelas michelín: tamén busca experiencias que o leven a un contacto máis directo coa mercadoría, quere coñecer aquilo que minutos ou horas máis tarde vai acabar no seu prato. Eis o atractivo do Mercado da Boquería, a lonxa de Tokio ou a nosa máis humilde, pero imprescindíbel, Praza de Abastos compostelana (web en remodelación).

Abrindo a lonxa ao público ampliamos a nosa oferta de turísmo gastronóico, un dos valores da bisbarra; ademáis, evitaremos sucesos desagradabeis como o que lle aconteceu a Sao Mai na súa frustrada visita a lonxa coruñesa.

I Simposio Internacional sobre o Megalitismo na Costa da Morte

Posted by Galinus on 03 Jul 2006 | Tagged as: Costa da Morte, Turismo, Megalitismo, Congresos, encontros,...

I Simposio Internacional sobre o Megalitismo na Costa da Morte

Este fin de semana, desde o venres 7 ata o domingo 9, celébrase en Carballo o I Simposio Internacional “O Patrimonio Megalítico da Costa da Morte no seu Contexto Atlántico”.

Este encontro pretende axudar a poñer en valor o enorme patrimonio megalítico que hai na Costa da Morte (nas comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira, Fisterra, Xallas e Muros), coa participación de estudiosos nacionais e internacionais do megalitismo e a súa cultura.

Nós estamos totalmente a favor desta aposta, e por elo na páxina web do Concello de Corcubión, temos unha sección onde se describe o roteiro das antas ou das mámoas.

Esperamos que con este congreso coñezamos máis sobre este tesouro que nos deixaron os nosos ancestros e poidamos axudar a súa conservación e divulgación.

A gastronomía na Costa da Morte

Posted by Galinus on 01 Jul 2006 | Tagged as: Gastronomía, Costa da Morte, Turismo

Percebes

Un dos principais atractivos da nosa bisbarra ao visitante, e especialmente no estío, é a gastronomía que se pode degustar na Costa da Morte.

En calqueira festa que se precie de selo ten que haber algunha vianda tradicional que acompañe ao viño do país. Por elo, na páxina do Concello de Corcubión hai un apartado especial que ensalza a gastronomía da Costa da Morte.

Hoxe, o noso amigo Pablo Damonte cedeunos material fotográfico sobre a riqueza gastronómica da zona, e algunhas desas fotografías (como a que se pode ver aquí) están xa colgadas desa sección sobre a gastronomía da Costa da Morte.

Ademais das fotografías aquí expostas Pablo está a crear un conxunto de fotografías sobre a gastronomía (centrándose especialmente na Costa da Morte), que irá aumentando progresivamente.

Volvemos a incitar a xente que teña fotografías sobre este ou outro tema que poida ser de interese para a páxina, que nolas faga chegar.