Festas

Archived Posts from this Category

Fin de semana de troula na Costa da Morte

Posted by Dani on 03 Ago 2006 | Tagged as: Gastronomía, Costa da Morte, Turismo, Festas

Novo fin de semana de festa e troula na Costa da Morte. As ofertas son moi e variadas:

  • En Corcubión, como podedes ver na axenda do Concello de Corcubión, este sábado hai a VII Festa do Bonito do Norte. Ademais, o domingo unha nova edición de Cine na rúa, co aproxección da película Las Crónicas de Narnia.
  • En Fisterra, XV Festa do Longueirón.
  • En Zas, a XXIII Festa da Carballeira. Como veredes, o cartel dos concertos é realmente bob.
  • E en Dumbría, no Ézaro, unha nova edición da Festa da Praia. Ademais de concertos folk, hai que destacar a apertura da Fervenza do Xallas o sábado pola noite, xunto cun espectáculo de luces. Xa que non é posible disfrutar todos os días deste espectáculo natural, polo menos velo nunha situación excepcional como esta.

Seguro que esquezo moitas festas. Simplemente nombro aquelas que me chamaron máis a atención.

Calqueira que queira anunciar aquí a súa festa, esta fin de semana ou calquer outro día, que nolo diga nun comentario, nos mande un correo ou se rexistre e escriba nesta bitácora que é un espazo aberto a toda a Costa da Morte.

Leilía en Dumbría

Posted by Dani on 29 Jul 2006 | Tagged as: Costa da Morte, Festas, Dumbría, Música

Leilía

Chega o mes de agosto, e a Costa da Morte (como toda Galiza) arrecende a troula e romería. Desgracidamente, un non ten tempo para disfrutar de todas esas festas, e se ten que quedar con algunhas ocasións que considero excepcionais.

Na pequena parroquia de Berdeogas, na súa máxica carballeira, celébrase mañá domingo (29 de xullo) a chamada Festa da Familia, organizado polo Concello de Dumbría.

Dentro da festa haberá un magnífico concerto de Leilía.

Haberá que ver se se cumplen as expectativas e a combinación entre o lugar e a música é tan armoniosa como promete.

Xa temos fotos de onte de San Pedro de Redonda

Posted by O Concello on 30 Jun 2006 | Tagged as: Turismo, Festas, Redonda, Novas do Concello

San Pedro de Redonda, charanga Fisterra

Xa hai material gráfico da festa de onte, grazas ao noso amigo Pablo Damonte. Eso si, hai máis fotografías das festas que se realizan en Corcubión.

Que hoxe siga a festa !!

Festa en San Pedro de Redonda

Posted by O Concello on 29 Jun 2006 | Tagged as: Gastronomía, Turismo, Festas, Redonda, Novas do Concello

San Pedro de Redonda - Programa das festas

Hoxe, 29 de Xuño, é San Pedro, e comenzan as festas adicadas a este Santo en toda a bisbarra.

En Corcubión, na parroquia de Redonda, se celebran a partir de hoxe as festas de San Pedro de Redonda, como ven recollido na escolma de festas populares de Corcubión.

Na imaxe podedes ver o programa de festas.

Esperamos que todo o mundo disfrute destas festas.

Este sábado asaltamos o castelo

Posted by O Concello on 28 Jun 2006 | Tagged as: Costa da Morte, Turismo, Festas

Se queredes sentirvos coma irmandiños, este sábado hai asalto ao Castelo de Vimianzo.

As 5 da tarde comenzan as actividades. Aquí tedes o programa:

17:00
Obradoiro para nenos.
Charangas e pasarúas.
Cascanueces (teatro de títeres).
Rudi Dudi (pallaso).
Roi o Cagabolas (circo e maxia)
Cea a base de viño e touciño.

A partires das 22:30 sigue o espectáculo:

Kosoko Nasera, de Vimianzo
A banda multicultural de Manzaneda, os Cuchufellos.
Asalto ao Castelo!!
Festicultores
Radio Raheem