Blogomillo
Archived Posts from this Category
Archived Posts from this Category
Posted by Galinus on 27 Jun 2006 | Tagged as: Blogomillo
Tras a presentación oficial da páxina, Úsalo foi un dos primeiros en falar dela.
Para quen non o saiba, Úsalo é unha das bitácoras máis populares en castelán sobre usabilidade e accesibilidade, o que nos fixo especial ilusión.
No artigo hai unha parte moi bonita:
Además, la visita por la web me ha hecho recordar mi anterior estancia por aquellas tierras y me han dado ganas de volver cuanto antes.
Nós, pola nosa parte, estaremos encantados se se produce esa nova visita. Prometemos unha boa caldeirada de maragota!
Comments Off
Posted by O Concello on 12 Jun 2006 | Tagged as: Costa da Morte, Blogomillo
Na bisbarra temos uns cantos blogueiros. Aquí tedes unha lista dos que coñecemos:
Cabaseira Web.
Estorde.
Mouchos na costa.
O Outeiro.
Sila
Temos dúbidas sobre se Uz está tamén na Costa. Se tes unha bitácora na bisbarra, fáinolo saber para poder engadirte.
Actualización
Ézaro tamén é da bisbarra.
Outra actualización
Faltaba o blog do Museo Fernando Lema.
Outra actualización máis
Pouco a pouco van aparecendo máis bitácoras na Costa da Morte. O último en engadirse á lista é o blogue do poeta fisterrán Modesto Fraga. É o último, que non derradeiro.