Novas do Concello
Archived Posts from this Category
Archived Posts from this Category
Posted by O Concello on 13 Set 2006 | Tagged as: Turismo, Novas do Concello
O concello de Corcubión amplia os idiomas da súa web incorporando unha versión en galego-portugués.
Grazas a colaboración da xente de AGAL, que fixeron a tradución, este portal abre as súas portas a todos os falantes lusófonos do mundo. Esperamos así estreitar vínculos con esos pobos tan cercanos historicamente a nós.
As razóns que levan ao concello de Corcubión a tomar esta iniciativa pioneira, son descritas na páxina sobre o galego da web do concello. Aquí mostramos un anaco:
… o Concelho de Corcubiom quer fazer propostas construtivas para lhe dar ao nosso idioma a dignidade e difusom que precisa.
Por isso somos o primeiro concelho da Galiza que tem web em galego-português. Estimamos que o idioma comum de Rosalia de Castro e de Camões é o melhor meio para nos comunicar entre nós e com os mais de 223 milhons de falantes de galego-português espalhados por quatro continentes….
Unha aperta grande a xente de AGAL pola súa inestimábel colaboración.
Posted by O Concello on 30 Jun 2006 | Tagged as: Turismo, Festas, Redonda, Novas do Concello
Xa hai material gráfico da festa de onte, grazas ao noso amigo Pablo Damonte. Eso si, hai máis fotografías das festas que se realizan en Corcubión.
Que hoxe siga a festa !!
Comments Off
Posted by O Concello on 29 Jun 2006 | Tagged as: Gastronomía, Turismo, Festas, Redonda, Novas do Concello
Hoxe, 29 de Xuño, é San Pedro, e comenzan as festas adicadas a este Santo en toda a bisbarra.
En Corcubión, na parroquia de Redonda, se celebran a partir de hoxe as festas de San Pedro de Redonda, como ven recollido na escolma de festas populares de Corcubión.
Na imaxe podedes ver o programa de festas.
Esperamos que todo o mundo disfrute destas festas.
Comments Off
Posted by O Concello on 23 Jun 2006 | Tagged as: Sin categoria, Novas do Concello
Dentro dun cuarto de hora, ás 13:00, estaremos facendo a presentación oficial da web do Concello.
Podes ler máis en:
Estorde (cunha crítica á web)
La Voz de Galicia.