Reacções á versão em galego internacional

Posted by Galinus on 19 Set 2006 | Tagged as: Sin categoria

Como diz Guy Kawasaki, não devemos ter medo a polarizar a gente porque contentar a tudo o mundo leva a mediocridade. A versão em galego internacional, galego-português, galego reintegrado ou simplesmente *galego* foi uma proposta com os seus riscos, mas era preciso provar, observar e sacar conclusões.

Queremos agradecer a tudo o mundo que tem apoiado esta iniciativa e que também escutamos aos que não a comparte.

Eis uma listagem onde seguir as discussões e ler opiniões:
Notícia em AGAL
A Nova Galiza
Espazo em branco
Coroas de pinhos
Galiza Liberal
Foro Nacional Populista
Foro de Vieiros
Foro de Ciberirmandades da Fala
Arroutada Notícias
Racó Català
Chuza

Obrigado!

Versión en galego-português da web do Concello de Corcubión

Posted by O Concello on 13 Set 2006 | Tagged as: Turismo, Novas do Concello

O concello de Corcubión amplia os idiomas da súa web incorporando unha versión en galego-portugués.

Grazas a colaboración da xente de AGAL, que fixeron a tradución, este portal abre as súas portas a todos os falantes lusófonos do mundo. Esperamos así estreitar vínculos con esos pobos tan cercanos historicamente a nós.

As razóns que levan ao concello de Corcubión a tomar esta iniciativa pioneira, son descritas na páxina sobre o galego da web do concello. Aquí mostramos un anaco:

… o Concelho de Corcubiom quer fazer propostas construtivas para lhe dar ao nosso idioma a dignidade e difusom que precisa.

Por isso somos o primeiro concelho da Galiza que tem web em galego-português. Estimamos que o idioma comum de Rosalia de Castro e de Camões é o melhor meio para nos comunicar entre nós e com os mais de 223 milhons de falantes de galego-português espalhados por quatro continentes….

Unha aperta grande a xente de AGAL pola súa inestimábel colaboración.

Testemuña gráfica dos lumes na Costa da Morte

Posted by O Concello on 26 Ago 2006 | Tagged as: Costa da Morte

lume na Costa da Morte

Pablo un fotógrafo arxentino que vive en Corcubión e traballa nunha cuadrilla antiincedios déixanos unha magnífica colección de fotografías dos rastros do lume.

Case todos esperamos que estas imaxes sexan cada vez máis raras e so queden para o futuro imaxes dun pasado negro.

Nota: Por se non o sabedes, Pablo foi quen tirou a maioría das fotos da web do concello.

Eduardo busca Formosos e Cruxes

Posted by O Concello on 07 Ago 2006 | Tagged as: Persoas

Eduardo Hugo Formoso escribe dende Arxentina buscando información sobre a súa familia. Os seus avós eran Antonio Formoso e Maria Cruxes Agulleiro; o avó seica era de O Pindo e a avoa de Quilmas.

Se alguén sabe algo sobre os Formoso do Pindo ou os Cruxes de Quilmas, podemos axudar a Eduardo Huga a contactar de novo cos seus familiares. Deixade un comentario neste blog se podedes aportar algo.

Fin de semana de troula na Costa da Morte

Posted by Dani on 03 Ago 2006 | Tagged as: Gastronomía, Costa da Morte, Turismo, Festas

Novo fin de semana de festa e troula na Costa da Morte. As ofertas son moi e variadas:

  • En Corcubión, como podedes ver na axenda do Concello de Corcubión, este sábado hai a VII Festa do Bonito do Norte. Ademais, o domingo unha nova edición de Cine na rúa, co aproxección da película Las Crónicas de Narnia.
  • En Fisterra, XV Festa do Longueirón.
  • En Zas, a XXIII Festa da Carballeira. Como veredes, o cartel dos concertos é realmente bob.
  • E en Dumbría, no Ézaro, unha nova edición da Festa da Praia. Ademais de concertos folk, hai que destacar a apertura da Fervenza do Xallas o sábado pola noite, xunto cun espectáculo de luces. Xa que non é posible disfrutar todos os días deste espectáculo natural, polo menos velo nunha situación excepcional como esta.

Seguro que esquezo moitas festas. Simplemente nombro aquelas que me chamaron máis a atención.

Calqueira que queira anunciar aquí a súa festa, esta fin de semana ou calquer outro día, que nolo diga nun comentario, nos mande un correo ou se rexistre e escriba nesta bitácora que é un espazo aberto a toda a Costa da Morte.

Leilía en Dumbría

Posted by Dani on 29 Jul 2006 | Tagged as: Costa da Morte, Festas, Dumbría, Música

Leilía

Chega o mes de agosto, e a Costa da Morte (como toda Galiza) arrecende a troula e romería. Desgracidamente, un non ten tempo para disfrutar de todas esas festas, e se ten que quedar con algunhas ocasións que considero excepcionais.

Na pequena parroquia de Berdeogas, na súa máxica carballeira, celébrase mañá domingo (29 de xullo) a chamada Festa da Familia, organizado polo Concello de Dumbría.

Dentro da festa haberá un magnífico concerto de Leilía.

Haberá que ver se se cumplen as expectativas e a combinación entre o lugar e a música é tan armoniosa como promete.

A lonxa de Fisterra

Posted by Lobeiro on 09 Jul 2006 | Tagged as: Gastronomía, Turismo

Eduardo Eiroa , xornalista viciño de Corcubión, escribe na Voz sobre a nova lonxa de Fisterra, un “espacio para peces y turistas”.

A lonxa ábrirase ao público para que poidamos desfrutar do espectáculo das poxas de peixe nun edificio deseñado para acomodar a pescadores e visitantes.

A gastronomía é un dos pés onde se asenta unha boa oferta turística e temos que entendela como algo máis que enchentas de peixe e marisco a baixo prezo e que é preciso complementala con outras actividades.

O viaxeiro gastrónomo non só quere restaurantes de tres estrelas michelín: tamén busca experiencias que o leven a un contacto máis directo coa mercadoría, quere coñecer aquilo que minutos ou horas máis tarde vai acabar no seu prato. Eis o atractivo do Mercado da Boquería, a lonxa de Tokio ou a nosa máis humilde, pero imprescindíbel, Praza de Abastos compostelana (web en remodelación).

Abrindo a lonxa ao público ampliamos a nosa oferta de turísmo gastronóico, un dos valores da bisbarra; ademáis, evitaremos sucesos desagradabeis como o que lle aconteceu a Sao Mai na súa frustrada visita a lonxa coruñesa.

I Simposio Internacional sobre o Megalitismo na Costa da Morte

Posted by Galinus on 03 Jul 2006 | Tagged as: Costa da Morte, Turismo, Megalitismo, Congresos, encontros,...

I Simposio Internacional sobre o Megalitismo na Costa da Morte

Este fin de semana, desde o venres 7 ata o domingo 9, celébrase en Carballo o I Simposio Internacional “O Patrimonio Megalítico da Costa da Morte no seu Contexto Atlántico”.

Este encontro pretende axudar a poñer en valor o enorme patrimonio megalítico que hai na Costa da Morte (nas comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira, Fisterra, Xallas e Muros), coa participación de estudiosos nacionais e internacionais do megalitismo e a súa cultura.

Nós estamos totalmente a favor desta aposta, e por elo na páxina web do Concello de Corcubión, temos unha sección onde se describe o roteiro das antas ou das mámoas.

Esperamos que con este congreso coñezamos máis sobre este tesouro que nos deixaron os nosos ancestros e poidamos axudar a súa conservación e divulgación.

A gastronomía na Costa da Morte

Posted by Galinus on 01 Jul 2006 | Tagged as: Gastronomía, Costa da Morte, Turismo

Percebes

Un dos principais atractivos da nosa bisbarra ao visitante, e especialmente no estío, é a gastronomía que se pode degustar na Costa da Morte.

En calqueira festa que se precie de selo ten que haber algunha vianda tradicional que acompañe ao viño do país. Por elo, na páxina do Concello de Corcubión hai un apartado especial que ensalza a gastronomía da Costa da Morte.

Hoxe, o noso amigo Pablo Damonte cedeunos material fotográfico sobre a riqueza gastronómica da zona, e algunhas desas fotografías (como a que se pode ver aquí) están xa colgadas desa sección sobre a gastronomía da Costa da Morte.

Ademais das fotografías aquí expostas Pablo está a crear un conxunto de fotografías sobre a gastronomía (centrándose especialmente na Costa da Morte), que irá aumentando progresivamente.

Volvemos a incitar a xente que teña fotografías sobre este ou outro tema que poida ser de interese para a páxina, que nolas faga chegar.

Xa temos fotos de onte de San Pedro de Redonda

Posted by O Concello on 30 Jun 2006 | Tagged as: Turismo, Festas, Redonda, Novas do Concello

San Pedro de Redonda, charanga Fisterra

Xa hai material gráfico da festa de onte, grazas ao noso amigo Pablo Damonte. Eso si, hai máis fotografías das festas que se realizan en Corcubión.

Que hoxe siga a festa !!

- Next »