Agradecementos
Esta páxina é un proxecto dirixido por Galinus. Ademais da coordinación xeral, Galinus realizou integramente o deseño da Arquitectura da información. O deseño Visual foi concebido por Disseny Design.
Pero ademais do noso traballo hai que agradecer a axuda de moita xente:
- A Pablo Damonte, que realizou a maioría das fotografías que adornan esta páxina.
- O Concello de Corcubión, que se involucrou profundamente neste proxecto e que é responsable de moitos dos textos desta páxina.
- Á Asociación
Pan de Raposo, que nos axudou a elaborar a páxina sobre Micoloxía.
- A Moncho do Goriño (do Grupo de Gaitas de Sardiñeiro), Moncho Domínguez (de Anymo e A Cruz de Baixar), Coque (o gran Gaiteiro de Muxía) e Prácido Baamil (gaiteiro de Cee) pola súa axuda na elaboración da páxina sobre Música
Tradicional.
- A Noemí e Javier dos Clube Carrumeiro e Furacán de Corcubión pola súa axuda na parte de Deportes
náuticos.
- A Emilio Louro (Milucho) pola súa colaboración para a páxina de Turismo
mariñeiro.
- A Olería Aparicio de Buño, que colaborou para a páxina de Artesanía na Costa da Morte.
- A xente de Agal, pola súa estupenda traduzón a Galego-Português que fixeron desta páxina.
- En xeral, a toda a xente de Corcubión e a Costa da Morte que axudou a completar os contidos desta páxina.